Colocación do chip

Na RECOLLIDA DE DORSAIS entrégase unha bolsa coa identificación, un dorsal e unha tarxeta de cronometraxe.

Na carreira deberase empregar esa tarxeta, non servindo ningún outro dispositivo de cronometraxe que o corredor teña en propiedade. Esa tarxeta identifica unívocamente ó número de dorsal ó que acompaña, sendo persoal e intransferible.

O chip entregado será RETORNABLE polo que é MOI IMPORTANTE que, unha vez finalizada a proba, todos os participantes o DEVOLVAN nas zonas de recollida que atoparán na Praza do Obradoiro. A non devolución ou perda do chip identificativo supón un custo organizativo que será repercutido ao titular do mesmo; rogamos a vosa colaboración neste aspecto.

A tarxeta deberá ir colocada nos cordóns da zapatilla, ou enganchado a eles por medio de bridas. Non se garantiza o seu funcionamento en caso de portalo por riba dos tobillos.

Aquí deixámosvos uns consellos para ancorar o chip ás túas zapatillas correctamente: ColocacionCHIP

E neste vídeo tamén podedes ver cómo poñer o chip con bridas.

No se admiten más comentarios