Kilómetros para recordar

Como causa solidaria, este ano, sumámonos ó reto solidario impulsado pola Fundación SARquavitae “Kilómetros para recordar – 2ª Edición

50000

Por medio desta iniciativa se recaudarán kilómetros que a Fundación SARquaviatae convertirá en euros para doalos para a investigación contra o Alzheimer. O reto será conseguir un percorrido virtual de 50.000 kms. A participación é totalmente gratuita, e por cada km que se ande ou corra a Fundación SARquaviatae doará 0,40 €. A doazón levarase a cabo o día 21 de setembro coincidindo co día mundial do Alzheimer.

Para participar é moi doado, segue estos pasos:

  1. Entra na páxina www.kilometrospararecordar.com
  2. Cubre os datos da parte dereita para darte de alta no proxecto. Recorda seleccionar o equipo de “Santiago de Compostela/San Lázaro” no desplegable.
  3. Confirma o proceso no mail que che enviarán ó teu correo electrónico.
  4. Descárga a APP “Runner Square” no teu teléfono móbil (Android ou iOS) . O correo electrónico e o contrasinal serán os mesmos que empregaches para inscribirte na páxina web.
  5. Cando comeces a primeira actividade e xusto antes de darlle a “Start” aparecerán varios retos os que te podes unir, selecciona “Kilómetros para Recordar – II Edición“; nas sucesivas actividades xa non será preciso que marques a casilla, quedará seleccionada por defecto neste reto. 
  6. Preme “Start” e comeza a sumar km contra o Alzheimer.
  7. Dende a páxina web poderás consultar a túa aportación e o ranking do teu equipo cada vez que o desexes.

Moitas grazas pola tua solidaridade !!

No se admiten más comentarios