Premios

Repartiranse os seguintes premios en metálico:

  • 200 € – 1ª posición absoluta, masculino e feminina.
  • 100 € – 2ª posición absoluta, masculino e feminina.
  • 50 € – 3ª posición absoluta, masculino e feminina.
  • 100 € – Premio especial, masculino e feminino, para os primeiros atletas chegados a meta empadroados en Santiago.
  • 150 € – Clube Federado con máis participantes chegados a meta.
  • 150 € – Grupo NON Federado con máis participantes chegados a meta.
  • 150 € – Grupo NON Federado con máis participantes femininas chegadas a meta.
  • 150 € – Clube ou Grupo que proceda dende máis lonxe.
  • 50 € – Premios, masculino e feminino, ós participantes que procedan de máis lonxe.
  • 50 € – Premios especiais “Cándido Calvo” ós participantes, masculino e feminino, de maior idade

Ó marxe premiaranse as seguintes categorías especiais:

  • Trofeo para os tres primeiros clasificados, masculino e feminino, de cada categoría (Junior, Promesa, Senior, Veteranos A, Veteranos B, Veteranos C, Veteranos D).
  • Vale de 30 €, cortesía de CENTRO DEPORTIVO para o primeiro clasificado, masculino e feminino, de cada categoría (Junior, Promesa, Senior, Veteranos A, Veteranos B, Veteranos C, Veteranos D).

Para poder optar aos premios é importante coñecer que:

  • Os premios NON serán acumulables (agás o de empadroado en Santiago).
  • Para optar a participación por Club Federado ou Grupo NON Federado, os atletas deberán realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por correo electrónico a dirección santyago10k@gmail.com unha listaxe detallando os membros computables ao efecto.
    • En caso de solapamiento, o premio ao grupo con máis participantes femininas terá preferencia sobre o de club máis numeroso.
    • Pola súa condición de Organizador, o Club de Atletismo Fontes do Sar quedará excluído das premiaciones de grupo.
  • Os premiados na categoría de procedencia máis lonxana e corredores de maior idade deberán acreditar a súa procedencia / idade cun documento oficial (DNI, Pasaporte ou similar) e con algún documento que acredite que viaxou específicamente para a carreira. No caso de coincidir varios corredores de igual procedencia, premiarase o primeiro en pasar pola meta.

E non esquezades que tamén podedes gañar premios, individualmente ou en grupo, no Concurso “Atrapa a moa” de Oral Group …

No se admiten más comentarios