Orixe

Esta carreira nace no 2015 como un proxecto de o Club de Atletismo Fontes do Sar e do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel, coa intención de traer á cidade de Santiago de Compostela unha Carreira Nocturna Homologada.

Contamos co pleno apoido do Concello de Santiago a través de varias concellerías, entre elas a Concellaría de Mocidade, Deporte e Benestar Animal por medio do Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago ou a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, no tocante ó Turismo en Santiago

No ano 2015 tivemos unha grande aceptación popular, cun total de 2.034 inscritos, dos que 1.775 competiron e entraron en meta.

Neste ano 2016 volvemos a traballar coa idea de ofrecervos un novo percorrido a unha sola volta, cun trazado mais rápido para aqueles que fan do atletismo un modo de vida, pero que tamén permita gozar do encanto do centro histórico da cidade ós corredores populares, locais ou foráneos.

O noso principal obxectivo e que DISFRUTEDES CORRENDO !!

No se admiten más comentarios